sábado, 25 de outubro de 2014

48h OPEN HOUSE BCN



O 25 e o 26 de outubro estamos a celebrar en Barcelona a quinta edición do 48 h Open House, unha cita da cidade coa arquitectura, onde se poden visitar edificios e espazos de interese que polo xeral non están abertos ao público. A tipoloxía dos edificios ou espazos visitables é moi variada, reflexo da complexidade das construcións que nos arrodean.



Hotel Espanya (detalle)





Os edificios agrúpanse por distritos. Nós escollemos o de Ciutat Vella, que é o distrito máis visitado. Son 33 espazos xestionados maiormente por voluntarios encargados das filas de xente e das visitas guiadas. Noutros casos son os autores, os usuarios, os propietarios ou o estudantado de Arquitectura quen, de balde, explican a historia ou o proxecto do espazo que se está a visitar.

O que visitamos nós? Como non dá tempo para ver todos os edificios, escollemos os seguintes:

  • Pazo Moja
  • Sala Parés
  • Pazo da Virreina
  • Colexio de Arquitectos de Barcelona
  • Hotel Espanya
  • Ca La Dona
Imos facer dous grupos: nun deles predomina o aspecto artístico, e no outro, o arquitectónico. No primero están o Pazo Moja, o Pazo da Virreina e o Hotel Espanya. No segundo, o resto.









Pazo Moja

Pode chamar máis este pazo. Ten a entrada principal pola rúa Portaferrissa. Na época en que se construíu, a fachada das Ramblas tocaba coa muralla de Barcelona. Derrubada a muralla, as Ramblas convertéronse nun arroio e, co tempo, urbanizáronse e chegaron a ser un paseo, a pedimento da burguesía catalá, para poder chegar sen problemas ao Liceo. O pazo foi residencia do negreiro Antonio López López, marqués de Comillas. Ten un elegante salón nobre con pinturas de Francesc Pla, o Vigatà. Os Comillas acabaron emparentando con outra das familias poderosas de Barcelona, os Güell.

Salón nobre do Pazo Moja





Pazo da Virreina

Este pazo é un exemplo do barroco civil catalán. Foi subido entre 1772 e 1778. Nel vivíu o famoso virrei Amat, que non é outro que Manuel Amat, virrei do Perú. Aínda que morreu novo, a súa viúva, María Fivaller, seguiu vivindo nel, o que fixo que o pobo lle chamase o pazo da virreina. O arquitecto foi Josep Ausich, e o escultor, Carles Grau. Hai dous patios interiores e nun deles, nas esquinas encurvadas, hai catro esculturas en relevo a prol das catro virtudes militares: a prudencia, a xustiza, a templanza e a valentía. Máis adiante, o novo dono do pazo, Josep Carreras, permitiu o paso dende a Ramblas até a Boqueria.













Hotel Espanya



Comezou co nome de Fonda Espanya. No ano 1903 foi reformado polo arquitecto modernista Lluís Domènech i Montaner. Destaca o Salón das Sereas, en lembranza duns baños que alí houbo. Visitamos tamén o patio distribuidor, cun dos primeiros ascensores que houbo en Barcelona; o bar das tertulias, cunha cheminea de alabastro; e o restaurante, con teitos de madeira e mosaicos de flores. Cómpre ter moi en conta que a construción aínda é a orixinal.



















Salón das Sereas





Sala Parés

De 1840, é a galería de arte máis antiga do Estado español. No ano 1987 foi obxecto dunha renovación que conxuntaba a tradición e a modernidade. As catro columnas de ferro e a lanterna central convértense en protagonistas, ao redor das cales organízase o espazo, que transmite unha serenidade clásica.





Colexio de Arquitectos de Catalunya

É obra de Xavier Busquets (1962). Consta de dúas partes: un corpo baixo, de forma trapezoidal, onde están a sala de exposicións e a sala de actos, e unha torre alta de oito andares. Picasso, amigo de Busquets, debuxou os tres frisos exteriores, coñecidos como frisos do Mediterráneo, e os dous interiores do primeiro andar, que foron esgrafiados polo artista noruegués Carl Nesjar. Actualmente, Santi Vila está a realizar o proxecto para a rehabilitación do edificio de oito andares.
Engadir que para nós foi unha auténtica ledicia descubrir, a través da exposición que hai arestora no Colexio de Arquitectos, a gran personalidade artística de Josep Mª Jujol, xa que foi arquitecto, debuxante, pintor, escultor e deseñador de mobles.

Mural interior 

























Ca La Dona





























Edificio de gran valor patrimonial, pois unha das súas paredes ten incorporados catro arcos dun dos dous acuedutos que traian auga para Barcino. Por mor da crise económica, só se rehabilitou o andar térreo. Faláronnos tres mulleres: a que nos presentou Ca La Dona e a súa esencia, a que nos explicou a parte técnica da rehabilitación e a que nos guiou pola exposición de FemArt.
























A primeira muller que nos atendeu, profesora de latín, transmitiunos o seu gran compromiso coa causa feminista. A segunda, arquitecta, falou con entusiasmo dos traballos e dos problemas da rehabilitación, sempre co respecto como bandeira: respecto pola situación do edificio, respecto por conservar todo o que é posible (pozos, arcos de diferentes épocas, paredes, pedras medievais, xacigos, etc.), respecto polo medio ambiente e, sobre todo, respecto polas decisións das mulleres que alí traballan. A terceira, unha muller moi nova, informounos dalgunhas obras expostas na 20ª edición de FemArt, que este ano leva por título "Cos desobedient" ("Corpo desobediente").









"Outubro quente, inverno detente; outubro a friar, inverno a escoar" (Refraneiro galego)





venres, 11 de outubro de 2013

A RECOLLEITA

Estes meses de outono son marabillosos por certo. A terra non deixa de dar e unha ten a sensación de beleza e á vez de milagre...


Paisaxes da Limia no mes de setembro



Tivemos claudias de abondo, pementos, cebolas, patacas, cabaciños, uvas...





A abundancia permítenos gardar para o resto do ano.
Unha mañá a facer mollo de tomate, cos tomates que estaban xa ben maduros. 



"Setembro, ou seca as fontes ou leva as pontes"  (Refraneiro galego)











                

xoves, 12 de setembro de 2013

XARDINS EN ALLARIZ

Outra das excursións que fixemos foi achegarnos ata Allariz para ver unha mostra de xardíns feitos por xente da Galiza, Francia, Holanda, Euskadi, Canarias, Austria, Portugal e España, que estaban a mostrar a visión da beleza e a inspiración que Allariz suxire.

Ampliar Foto...

Son trece parcelas con significado propio. Cada xardín ten título e coa súa explicación, na entrada. Titulos como "Pensasoños", "O xardín da árbore das bágoas", "Atopa o tesouro", "Xardín das pías"....







Nesta cuarta edición, incorporábase á natureza unha mostra de esculturas de artistas de sona.









 O tema para o próximo ano é "Xardíns da abundancia" e pódense presentar as propostas ata o 15 de novembro.





Xardín das pías
Pensasoños
Allariz, cidade verde




Mirai para aí que cestos,
feitos con vimbios aínda floridos!









Unha tarde ben calorosa, e agradecíase poder pasear entre xardíns, como se de un Versalles pequeno se tratase, nesta vila tan coidada e que cada ano sorprende polas iniciativas que ten.

Parabéns, Allariz!

A mostra pódese ver desde maio ata novembro.









"Setembro asegura o que agosto madura"  (Refraneiro galego)





sábado, 31 de agosto de 2013

Castro de Santomé


Outra das excursions que fixemos foi moi preto de Ourense, ao concello de Pereiro de Aguiar, para vermos un conxunto histórico onde viviron diferentes civilizacions hai máis de dous mil anos.

 

O castro foi habitado polos prerromanos, da chamada cultura castrexa. As edificacións sitúanse na cima e na ladeira do val do río Loña.

Rúa principal do poboado -castrexa-
Parte romana


Para más, a paraxe está chea de sobreiras, aciñeiras, piñeiros, caxigos, carballos e érbedos. 
Unha marabilla.






"En agosto secan os montes e en setembro as fontes"  (Refraneiro galego)



foto



Podense ver tamen, xa mais tardias, construcions romanicas cuadradas con todo tipo de cuartos, que se autoabastecian e tiñan autonomia propia, ata con sistema de calefación!
A paraxe esta chea de sobreiras, aciñeiras, piñeiros, caxigos, robles e érbedos, unha maravila!!!

Todos os Toleirans demoslle un 10 o ArturoJulioArmengolYamique por esta sorpresa. (El foi o que preparou todas as excursions!!!!)









"En Agosto secan os montes e en setembro as fontes" (Refraneiro galego)

mércores, 28 de agosto de 2013

O Bibei

     
O mes de agosto estivemos de vacacións na nosa terra, todos menos o Sixto, que quedou coa súa Sofía a esperar...

Unha das excursións que fixemos foi a Maceda, para percorrer a marxe do río Bibei, afluente do Sil, ou río Maceda, ou río Sor, chamado así por algúns macedáns.



Desde sempre foi un bo río troiteiro. Ten uns 40 km de sinuoso percorrido.


As vilas por onde pasa son: Pobra de Trives, Quiroga, Larouco, Petín, O Bolo, Manzaneda, Vilariño de Conso e Viana do Bolo.



Hai un paseo peonal de case 3 km, grazas a un proxecto de recuperación das marxes do río, con plantacións de árbores co seu nome popular e científico, e con algúns muíños restaurados.
  




" Non é bo o mosto collido en agosto" (Refraneiro galego)

xoves, 25 de xullo de 2013

Ser e estar

Os toleiráns estamos Sempre en Galiza.

Por iso, hoxe, 25 de xullo de 2013, estamos coas familias e achegados das vítimas e dos feridos no accidente de tren de Santiago.


domingo, 21 de xullo de 2013

Lita Cabellut: Triloxía da dúbida





Na fundación Vila Casas de Barcelona, presentáronse os cadros da pintora Lita Cabellut (Barcelona,1961) co titulo Triloxía da dúbida.




Os cadros son ... impactantes, están cheos de sentimentos e de humanidade. 
A rabia, a desesperación, a concentración, a reflexión, a inquedanza, a forza, a violencia, o poder... son todos sentimentos que están neles. 



A maioría dos cadros son de tamaño grande, que acrecenta a forza dos temas.
                                                                                                                                                                                                      



Representan todos figuras humanas, cheas de cor.

Os cadros con personaxes circenses, con olladas entre a desesperación e a esperanza, forman a Triloxía de lágrimas e sorrisos.











A ultima parte da exposición fala da vida e da morte, e utiliza un corpo de muller con roupa, espida e con cabeza de caveira para tratar o tema.

 




 


















 Pagou a pena!!!








"Desde maio a xullo, as cereixas son como puños"  (refraneiro galego).










martes, 16 de xullo de 2013

Fundación Mascort


Hai unha casa en Torroella de Montgrí, "Casa Galibern", que, polas casualidades da vida e da curiosidade, descubrimos a Montse e mais eu.


Esta casa alberga a Fundación Mascort, creada polo Ramón Mascort, neto do pintor J. Mª Mascort e coleccionista da obra do seu avó.
A casa subírona cos cartos feitos nas Americas polo bisavó do Ramón.



O Ramón, para a nosa sorpresa, é creador de diferentes empresas, entre elas a Lynx Edicions, dedicada a temas relacionados coa natureza e que, entre unha chea de obras, está a editar unha sobre ornitoloxía que é un referente mundial na materia.

 



Cada ano fan unha exposición con diferentes temas, "Torroella, Vila Vella", "Exposición de debuxos de J. Mª Mascort", "O moble de Torroella de Montgrí e do Empordà 1700-1800"... Tamén teñen publicado libros referidos á obra pictórica do pintor.



Chamounos a atención a preciosa e completísima colección de ferramentas e aparellos de carpinteiro.



Desfrutamos da visita e recomendávola se pasades por Torroella.




"O que non aproveita xullo para se bañar, é que ten medo do río e do mar"  (refraneiro galego)


martes, 11 de xuño de 2013

62 DIA DE ANOS 62


Como xa sabedes, a orixe dos Toleiráns (2.009), foi celebrarmos o día de anos do Sixto e do ArturJulioArmengolYamique. Hogano celebrámolo preto de Barcelona, no Empordà, aproveitando a fin de semana longa da segunda Páscoa.

Exteriores da casa




O logo deste ano, ideado como sempre polo Sixto e coa axuda da Lorena, vai moi relacionado coa saúde e coa vida.
Moi acaído. Encantounos a todos!!!
 










Da camisola, un niqui gris moi chusqueiro, encargáronse os das Curuxeiras!!!









Do lugar, tamén como sempre, encargouse o Pepe. Escolleu unha casa rural, Can Brancos, Ben bonita. Estivemos moi agusto coa situación, co xardín, ...con todo!!!







"Cando xuño chega, colle a fouce e limpa a eira" (Refraneiro popular galego)