sábado, 31 de agosto de 2013

Castro de Santomé


Outra das excursions que fixemos foi moi preto de Ourense, ao concello de Pereiro de Aguiar, para vermos un conxunto histórico onde viviron diferentes civilizacions hai máis de dous mil anos.

 

O castro foi habitado polos prerromanos, da chamada cultura castrexa. As edificacións sitúanse na cima e na ladeira do val do río Loña.

Rúa principal do poboado -castrexa-
Parte romana


Para más, a paraxe está chea de sobreiras, aciñeiras, piñeiros, caxigos, carballos e érbedos. 
Unha marabilla.






"En agosto secan os montes e en setembro as fontes"  (Refraneiro galego)



foto



Podense ver tamen, xa mais tardias, construcions romanicas cuadradas con todo tipo de cuartos, que se autoabastecian e tiñan autonomia propia, ata con sistema de calefación!
A paraxe esta chea de sobreiras, aciñeiras, piñeiros, caxigos, robles e érbedos, unha maravila!!!

Todos os Toleirans demoslle un 10 o ArturoJulioArmengolYamique por esta sorpresa. (El foi o que preparou todas as excursions!!!!)









"En Agosto secan os montes e en setembro as fontes" (Refraneiro galego)

mércores, 28 de agosto de 2013

O Bibei

     
O mes de agosto estivemos de vacacións na nosa terra, todos menos o Sixto, que quedou coa súa Sofía a esperar...

Unha das excursións que fixemos foi a Maceda, para percorrer a marxe do río Bibei, afluente do Sil, ou río Maceda, ou río Sor, chamado así por algúns macedáns.



Desde sempre foi un bo río troiteiro. Ten uns 40 km de sinuoso percorrido.


As vilas por onde pasa son: Pobra de Trives, Quiroga, Larouco, Petín, O Bolo, Manzaneda, Vilariño de Conso e Viana do Bolo.



Hai un paseo peonal de case 3 km, grazas a un proxecto de recuperación das marxes do río, con plantacións de árbores co seu nome popular e científico, e con algúns muíños restaurados.
  




" Non é bo o mosto collido en agosto" (Refraneiro galego)

xoves, 25 de xullo de 2013

Ser e estar

Os toleiráns estamos Sempre en Galiza.

Por iso, hoxe, 25 de xullo de 2013, estamos coas familias e achegados das vítimas e dos feridos no accidente de tren de Santiago.


domingo, 21 de xullo de 2013

Lita Cabellut: Triloxía da dúbida





Na fundación Vila Casas de Barcelona, presentáronse os cadros da pintora Lita Cabellut (Barcelona,1961) co titulo Triloxía da dúbida.




Os cadros son ... impactantes, están cheos de sentimentos e de humanidade. 
A rabia, a desesperación, a concentración, a reflexión, a inquedanza, a forza, a violencia, o poder... son todos sentimentos que están neles. 



A maioría dos cadros son de tamaño grande, que acrecenta a forza dos temas.
                                                                                                                                                                                                      



Representan todos figuras humanas, cheas de cor.

Os cadros con personaxes circenses, con olladas entre a desesperación e a esperanza, forman a Triloxía de lágrimas e sorrisos.











A ultima parte da exposición fala da vida e da morte, e utiliza un corpo de muller con roupa, espida e con cabeza de caveira para tratar o tema.

 




 


















 Pagou a pena!!!








"Desde maio a xullo, as cereixas son como puños"  (refraneiro galego).










martes, 16 de xullo de 2013

Fundación Mascort


Hai unha casa en Torroella de Montgrí, "Casa Galibern", que, polas casualidades da vida e da curiosidade, descubrimos a Montse e mais eu.


Esta casa alberga a Fundación Mascort, creada polo Ramón Mascort, neto do pintor J. Mª Mascort e coleccionista da obra do seu avó.
A casa subírona cos cartos feitos nas Americas polo bisavó do Ramón.



O Ramón, para a nosa sorpresa, é creador de diferentes empresas, entre elas a Lynx Edicions, dedicada a temas relacionados coa natureza e que, entre unha chea de obras, está a editar unha sobre ornitoloxía que é un referente mundial na materia.

 



Cada ano fan unha exposición con diferentes temas, "Torroella, Vila Vella", "Exposición de debuxos de J. Mª Mascort", "O moble de Torroella de Montgrí e do Empordà 1700-1800"... Tamén teñen publicado libros referidos á obra pictórica do pintor.



Chamounos a atención a preciosa e completísima colección de ferramentas e aparellos de carpinteiro.



Desfrutamos da visita e recomendávola se pasades por Torroella.




"O que non aproveita xullo para se bañar, é que ten medo do río e do mar"  (refraneiro galego)


martes, 11 de xuño de 2013

62 DIA DE ANOS 62


Como xa sabedes, a orixe dos Toleiráns (2.009), foi celebrarmos o día de anos do Sixto e do ArturJulioArmengolYamique. Hogano celebrámolo preto de Barcelona, no Empordà, aproveitando a fin de semana longa da segunda Páscoa.

Exteriores da casa




O logo deste ano, ideado como sempre polo Sixto e coa axuda da Lorena, vai moi relacionado coa saúde e coa vida.
Moi acaído. Encantounos a todos!!!
 










Da camisola, un niqui gris moi chusqueiro, encargáronse os das Curuxeiras!!!









Do lugar, tamén como sempre, encargouse o Pepe. Escolleu unha casa rural, Can Brancos, Ben bonita. Estivemos moi agusto coa situación, co xardín, ...con todo!!!







"Cando xuño chega, colle a fouce e limpa a eira" (Refraneiro popular galego)

domingo, 9 de xuño de 2013

DALÍ E OS TOLEIRÁNS

Nos días que estivemos xuntos, aproveitando que estabamos no Empordà, achegámonos ata Púbol, unha aldea preciosa, para vermos o castelo onde viviu Gala e que agora é unha casa museo.
Escaleira de entrada

Entrada


  
 

O castelo é un edificio medieval, do século XI, cheo de taxidermias, frescos do Dalí e   decoracións singulares. Foi o seu derradeiro obradoiro após a morte da Gala. 
Pódese visitar o cuarto da Gala, o dos convidados, o cuarto de baño, a biblioteca, os salóns, a azotea, a cociña... No andar de riba, no desván, hai unha mostra de traxes da Gala, e embaixo  pódese ver o mausoleo onde esta enterrada e o garaxe cos coches deles.


Fóra hai un coidado xardín, daliniano ao cen por cento, cos seus coñecidos elefantes e cun estanque todo cheo de estatuas de Wagner.








Paga a pena velo!
Acabamos comendo na sempre preciosa vila de Cadaqués. 





"A auga de San Xoán leva o viño e tolle o pan" (Refraneiro galego)



            









venres, 24 de maio de 2013

Dia das letras galegas cos Toleirans




A fin de semana pasada, como cada ano xuntamonos os Toleirans, todos, en unha casa rural, Can Brancos, e coincidiu que o venres era  o Dia das Letras Galegas adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño.














Decidimos facer unha lectura despois de cear, cada un escolleu a sua.
Houbo de todo, poesia, Vidal Bolaño, Blanco Amor, Otero Pedrayo... 

Disfrutamos moito, sobretodo con Otero Pedrayo, motivounos a todos e a sua escrita fixo en un momento que o noso corazón estivera cheo de amor por Galiza. 

















Lar de Can Brancos (Montse Cachafeiro 2013)








"A auga de maio carga o carro" (Refraneiro galego)

ARTE CONTEMPORÁNEA NA UB




Seer (Alice I), Kiki Smith (2005)
As estatuas que desde finais do XIX custodian o vestíbulo do edificio histórico da Universidade de Barcelona(UB) teñen hoxe unha compañía contemporánea. A partir de onte as figuras de santo Isidoro de Sevilla, Averroes, Afonso X, Ramón Lull e J. Luis Vives que decoran as tres naves da entrada comparten piares coa protagonista de Alicia no país da marabillas. A escultura de bronce recuberta dunha pátina branca é de Kiki Smith, e é a primeira de oito pezas da Fundació Sorigué, situada en Lleida, que se pode visitar.




  The return,  Bill Viola (2007)
                                                                                                      
No vestíbulo pódese ver unha videoproxección de B. Viola. A auga é a chave: fai que unha muller cunha figura fantasmal, ao atravesar a auga,  pase a mostrar un corpo material, usando tons que van dos grises ao colorado.




                                                            Young man standing, Leonard McComb (2003)

    
Na galería do Paraninfo está a escultura dourada dun home a tamaño real, obra de Leonard McComb. A partir de aquí podemos escoller entre entrar na Aula Magna, a biblioteca ou o propio Paraninfo para desfrutarmos da vídeoarte de William Kentridge, Marco Brambilla, Marina Alexeeva e Kuo I-Chen.


Introduction,  Kuo I-Chen (2007)


A vídeoarte é unha experiencia nova para nós, diferente do que estamos acostumados a ver. A imaxinación vai da man do vídeo, e móstranos vivencias cheas de poesía e humanidade.

Paga a pena velo!








"Maio me molla, maio me enxuga, racha de sol, racha de chuvia" (do refraneiro galego)


luns, 8 de abril de 2013

Exposicións en Ourense II

Fondo do almario 



No Centro Cultutal da Deputación de Ourense, tres artistas, tres mulleres do noso tempo, Anamusma, Cachito Álvarez e Zulema Sánchez, expuxeron os seus traballos. Traballos moi diferentes todos eles, non só polo que mostran senón tamén polos materiais e as temáticas que van dende o erotismo ata a reciclaxe e o consumismo.

Zulema Sánchez
Zulema Sánchez,  cunha aparente e despreocupada sinxeleza, trata aspectos cotiáns da vida. Xanelas, balcóns coa súa roupa estendida onde contrasta a dozura da súa obra coa rudeza dos materiais empregados (madeiras DM, armarios, resinas industriais...).
 
Anamusma

Anamusma –que ten no seu haber diversos proxectos alternativos para a comercialización da obra de arte mantén a condición de muller como fío argumental do seu traballo, onde se poden ver vestidos-cortiza ou obxectos cotiáns con tratamentos sorpendentes.
 


Cachito Álvarez

Cachito Alvarez, a única ourensá, aposta pola reciclaxe e a moda como elementos de diálogo artístico, e enche os espazos con composicións nas que usa teas, cordas, fotografías, botóns ou obxectos domésticos. 


No Centro tamén hai outra exposición:  15 Contos Breves e Extraordinarios, que é unha mostra do traballo conxunto de 15 persoas con diferentes (dis)capacidades e artistas contemporáneos galegos. Para alén de mostrar as 15 obras , tamén se pode ver a experiencia vivida a través das fotos. Creo que é a primeira experiencia ao redor da arte contemporánea e a discapacidade.

http://fotos01.laopinioncoruna.es/fotos/noticias/318x200/2012-10-15_IMG_2012-10-08_01.10.24__8457587.jpg
Parabens!!!!



 Un último apuntamento:
Estase a facer un ciclo de cinema en galego: "Nos vieiros da mente". Neste programa, inclúense un total de seis películas cuxa temática é a mente humana, facendo referencia a diversas patoloxías. Vanse proxectar na   Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Ferrol e Vigo. O acceso a estes ciclos é gratuíto até completar o aforamento.
O cartel é:  "Wilbur quérese matar", "Leaving las Vegas", "Unha mente marabillosa", "As virxes suicidas", "O aviador" e "O club da loita", cada xoves até o 23 de abril.










Que alegría de poder contar todas estas cousas!






"Abril e maio son as chaves do ano" (do refraneiro galego).

domingo, 7 de abril de 2013

Exposicións en Ourense I



"Da fantasía á realidade. Pintura en Galicia de 1833 a 1936"

"A nena e a volvoreta", 1936,  Julia Minguillón
A mostra é unha escolma de traballos de artistas descoñecidos para nós, como Villamil, Ovidio Murguía (fillo de Rosalía e Murguía), Llorens, Avendaño, Alfredo Souto, Sotomayor ou Julia Minguillón.

"Paisaxe con casa e barcos", 1907, Serafín Avendaño
A maioría das obras son as nosas paisaxes, a xente e particularidades do cotián. Como di o tríptico da exposición: "terra, xente e vida son os tres parámetros desde os que se estruturan as temáticas da mostra"

El emigrante, A. Rguez Castelao, 1916
Regreso del indiano, A. Rguez Castelao, 1918


As obras son todas das caixas de aforros galegas.














Movementos como o romanticismo, o realismo e o rexionalismo paséanse polas obras.










Cruceiro da Parda, Alfredo Souto, (1862-1940)

Anímovos a ver esta interesante mostra do noso. É ben agradábel de ver.
Nós tivemos a sorte de ter como guía o JulioArturoArmengolYamique, que nos levou pola exposición adiante como alumno avantaxado en arte.


Pódese desfrutar da exposición ata o 23 de xuño no Centro Social Novacaixagalicia, na Praza Maior de Ourense.


Polo dez de abril, cuco morto ou non quer vir  (do refraneiro galego).