Son trece parcelas con significado propio. Cada xardín ten título e coa súa explicación, na entrada. Titulos como "Pensasoños", "O xardín da árbore das bágoas", "Atopa o tesouro", "Xardín das pías"....
Nesta cuarta edición, incorporábase á natureza unha mostra de esculturas de artistas de sona.
O tema
para o próximo ano é "Xardíns da abundancia" e pódense presentar as
propostas ata o 15 de novembro.
Xardín das pías |
Pensasoños |
Allariz, cidade verde |
Mirai para aí que cestos,
feitos con vimbios aínda floridos!
Unha tarde ben calorosa, e agradecíase poder pasear
entre xardíns, como se de un Versalles pequeno se tratase, nesta vila tan coidada
e que cada ano sorprende polas iniciativas que ten.
Parabéns, Allariz!
A mostra pódese ver desde maio ata novembro.
"Setembro asegura o que agosto
madura" (Refraneiro galego)