martes, 11 de xuño de 2013

62 DIA DE ANOS 62


Como xa sabedes, a orixe dos Toleiráns (2.009), foi celebrarmos o día de anos do Sixto e do ArturJulioArmengolYamique. Hogano celebrámolo preto de Barcelona, no Empordà, aproveitando a fin de semana longa da segunda Páscoa.

Exteriores da casa




O logo deste ano, ideado como sempre polo Sixto e coa axuda da Lorena, vai moi relacionado coa saúde e coa vida.
Moi acaído. Encantounos a todos!!!
 










Da camisola, un niqui gris moi chusqueiro, encargáronse os das Curuxeiras!!!









Do lugar, tamén como sempre, encargouse o Pepe. Escolleu unha casa rural, Can Brancos, Ben bonita. Estivemos moi agusto coa situación, co xardín, ...con todo!!!







"Cando xuño chega, colle a fouce e limpa a eira" (Refraneiro popular galego)

domingo, 9 de xuño de 2013

DALÍ E OS TOLEIRÁNS

Nos días que estivemos xuntos, aproveitando que estabamos no Empordà, achegámonos ata Púbol, unha aldea preciosa, para vermos o castelo onde viviu Gala e que agora é unha casa museo.
Escaleira de entrada

Entrada


  
 

O castelo é un edificio medieval, do século XI, cheo de taxidermias, frescos do Dalí e   decoracións singulares. Foi o seu derradeiro obradoiro após a morte da Gala. 
Pódese visitar o cuarto da Gala, o dos convidados, o cuarto de baño, a biblioteca, os salóns, a azotea, a cociña... No andar de riba, no desván, hai unha mostra de traxes da Gala, e embaixo  pódese ver o mausoleo onde esta enterrada e o garaxe cos coches deles.


Fóra hai un coidado xardín, daliniano ao cen por cento, cos seus coñecidos elefantes e cun estanque todo cheo de estatuas de Wagner.








Paga a pena velo!
Acabamos comendo na sempre preciosa vila de Cadaqués. 





"A auga de San Xoán leva o viño e tolle o pan" (Refraneiro galego)