Os castiñeiros abeiran Santa Cristina de Ribas do Sil |
Claustro de Santo Estevo de Ribas |
Despois fomos visitar unha adega, Adega Vella, que é unha adega nova, en contraste co seu nome, mais cuns viños moi saborosos.
A anécdota e a casualidade foi toparnos co Eugenio Feijoo, que estaba a preparar a presentación do seu libro Un ruiseñor en la abadía que, curiosamente, o Sixto xa o sabía (pero non nos sorprendeu a ninguén).
Ao acabar de xantar en Casa Cachin, fomos dar un paseo polo Sil no catamarán, coa explicación correspondente por parte dun dos barqueiros.
O día estaba ben quente, de máis, e a algún de nós non se lle recoñecía por se querer tapar do sol. Ainda así a paisaxe, entre a auga e os viñedos en socalcos todo ao longo das ladeiras, pagou a pena.
En fin, ás 21 h a Lourdes deixábanos de novo no Parque de S. Lázaro, onde empezara esta aventura (ás 10 da mañá).
Ningún comentario:
Publicar un comentario