A semana pasada tres dos toleiráns, o Pepe, a Montse máis eu, botamos tres días en Bruxas, Brugge para os flamengos.
Esta pequena cidade, que pouco máis ten de 100.000 habitantes, parece que quedou parada na época do medievo.
Bruxas está toda chea de bonitos canais e pontes fermosas. De feito, chámanlle a Venecia do norte.
A parte vella foi declarada patrimonio da humanidade pola UNESCO.
Hai barcas que
levan os turistas coma nós polos canais adiante, a darlles unha volta.
Antigamente, estes canais chegaban ata o mar do Norte e eran vía de
comunicación para
levaren os famosos e
valorados tecidos de Flandres para o resto de Europa.
Fomos dar un paseo polas súas famosas prazas de Markt e Burg. Despois, fomos ver as torres da catedral, do campanario e a de Nosa Señora. Tamén fomos visitar o museo Groeninge para coñecermos os antigos flamengos.
O luns despertamos con neve. Non se paraba co frío, que tornaba os recunchos en imaxes de fotografías únicas.
|
O chocolate belga ten sona de ser un dos mellores do mundo. E sabe moito por certo. Hai unha chea de tendas repletas de bombóns de formas e sabores diferentes. Os escaparates sonvos verdadeiras obras de arte, como ben podedes comprobar na foto.
|
Auga de febreriro fai bo palleiro (do refraneiro popular galego).