Bélxica é o país da cervexa. Produce ao redor de 500 clases de cervexa diferentes, cada unha coa súa copa con distintivo propio da marca.
Comercios onde venden as cervexas, cada unha cos seus copos ou coas súas copas. |
Porta de entrada na Die Maene |
Patio da fábrica Die Maene |
Esta cervexaría queda para alí nunha praziña que se chama Walplein, engaiolante, toda chea de cafés, de restaurantes (nun deles ceamos os famosos mexillóns con patacas fritas, un dos pratos típicos da cociña belga) e de tendas.
Interior da Dulle Griet |
Tamén é moi famosa a Kwak, que se serve en vasos de 1,5 l. Tes que deixar un zapato como peñor, por fose o caso que non a deses bebido toda.
A famosa Quadrupel, con sopa de tomate e todo, para combater o frío (quécese a escape). "Na lúa de febreiro farás o teu sementeiro" (do refraneiro popular galego). |
Ningún comentario:
Publicar un comentario