En 1955 o pianista Glenn Gould fixo en Nova York unha interpretación rupturista das Variacións Goldberg de J. Sebastian Bach. Atinxiu un grande éxito de vendas, e desde entón téñense feito diferentes versións e interpretacións.
O sábado pasado fomos ver e desfrutar dunha destas versións no concerto do músico Uri Caine e o seu grupo, no Caixa Fòrum. O Uri Caine, acompañado de piano, trompeta, saxo, clarinete, batería, violoncelo, un DJ e a voz da Barbara Walker, demostrounos como se pode mesturar o jazz e a música barroca.
Maisie Broadhead "Que non perdan dozura" |
O concerto era complementario á exposición
"Seduïts per l'art. Passat i present de la fotografia / Seducidos pola arte. Pasado e presente da fotografía", unha mostra que relaciona a fotografía do século XIX con fotógrafos contemporáneos e mestres da historia da arte. Anteriormente, expuxérase na National Gallery de Londres e agora está a exporse en Barcelona.
Ori Gersht "Blow up- sen título 5" 2007 Marzo marzal: a maña, clara ; e a tarde, cara de can. (Refraneiro popular galego) |
As pinturas e as fotografias antiguas e contemporaneas, presentanas agrupadas en xéneros tradicionais, como o retrato, a natureza morta e as paisaxes para mostrarnos as relacions que hay entre elas tecnica e artisticamente falando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario