Entrada
O castelo é un edificio medieval, do século XI, cheo de taxidermias, frescos do Dalí e decoracións singulares. Foi o seu derradeiro obradoiro após a morte da Gala.
Pódese visitar o cuarto da Gala, o dos convidados, o cuarto de baño, a biblioteca, os salóns, a azotea, a cociña... No andar de riba, no desván, hai unha mostra de traxes da Gala, e embaixo pódese ver o mausoleo onde esta enterrada e o garaxe cos coches deles.
Fóra hai un coidado xardín, daliniano ao cen por cento, cos seus coñecidos elefantes e cun estanque todo cheo de estatuas de Wagner.
Paga a pena velo!
Acabamos comendo na sempre preciosa vila de Cadaqués.
"A auga de San Xoán leva o viño e tolle o pan" (Refraneiro galego)
| | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario