Os toleiráns estamos Sempre en Galiza.
Por iso, hoxe, 25 de xullo de 2013, estamos coas familias e achegados das vítimas e dos feridos no accidente de tren de Santiago.
xoves, 25 de xullo de 2013
domingo, 21 de xullo de 2013
Lita Cabellut: Triloxía da dúbida
Os cadros son ... impactantes, están cheos de sentimentos e de humanidade.
A rabia, a desesperación, a concentración, a reflexión, a inquedanza, a forza, a violencia, o poder... son todos sentimentos que están neles.
A maioría dos cadros son de tamaño grande, que acrecenta a forza dos temas.
Representan todos figuras humanas, cheas de cor.
Os cadros con personaxes circenses, con olladas entre a desesperación e a esperanza, forman a Triloxía de lágrimas e sorrisos.
A ultima parte da exposición fala da vida e da morte, e utiliza un corpo de muller con roupa, espida e con cabeza de caveira para tratar o tema.
Pagou a pena!!!
"Desde maio a xullo, as cereixas son como puños" (refraneiro galego).
martes, 16 de xullo de 2013
Fundación Mascort
Hai unha casa en Torroella de Montgrí, "Casa Galibern", que, polas casualidades da vida e da curiosidade, descubrimos a Montse e mais eu.
Esta casa alberga a Fundación Mascort, creada polo Ramón Mascort, neto do pintor J. Mª Mascort e coleccionista da obra do seu avó.
A casa subírona cos cartos feitos nas Americas polo bisavó do Ramón.
O Ramón, para a nosa sorpresa, é creador de diferentes empresas, entre elas a Lynx Edicions, dedicada a temas relacionados coa natureza e que, entre unha chea de obras, está a editar unha sobre ornitoloxía que é un referente mundial na materia.
Cada ano fan unha exposición con diferentes temas, "Torroella, Vila Vella", "Exposición de debuxos de J. Mª Mascort", "O moble de Torroella de Montgrí e do Empordà 1700-1800"... Tamén teñen publicado libros referidos á obra pictórica do pintor.
Chamounos a atención a preciosa e completísima colección de ferramentas e aparellos de carpinteiro.
Desfrutamos da visita e recomendávola se pasades por Torroella.
"O que non aproveita xullo para se bañar, é que ten medo do río e do mar" (refraneiro galego)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)