martes, 16 de xullo de 2013

Fundación Mascort


Hai unha casa en Torroella de Montgrí, "Casa Galibern", que, polas casualidades da vida e da curiosidade, descubrimos a Montse e mais eu.


Esta casa alberga a Fundación Mascort, creada polo Ramón Mascort, neto do pintor J. Mª Mascort e coleccionista da obra do seu avó.
A casa subírona cos cartos feitos nas Americas polo bisavó do Ramón.



O Ramón, para a nosa sorpresa, é creador de diferentes empresas, entre elas a Lynx Edicions, dedicada a temas relacionados coa natureza e que, entre unha chea de obras, está a editar unha sobre ornitoloxía que é un referente mundial na materia.

 



Cada ano fan unha exposición con diferentes temas, "Torroella, Vila Vella", "Exposición de debuxos de J. Mª Mascort", "O moble de Torroella de Montgrí e do Empordà 1700-1800"... Tamén teñen publicado libros referidos á obra pictórica do pintor.



Chamounos a atención a preciosa e completísima colección de ferramentas e aparellos de carpinteiro.



Desfrutamos da visita e recomendávola se pasades por Torroella.




"O que non aproveita xullo para se bañar, é que ten medo do río e do mar"  (refraneiro galego)


Ningún comentario:

Publicar un comentario