A FUNDACIÓ SORIGUÉ , en LLeida, presenta a primeira mostra do artista manchego Antonio López (Tomelloso, 1936) en Cataluña. Comisariada pola súa filla, María López, expóñense algo máis de cincuenta pezas.
|
Madrid desde Torres Blancas (pintado no período 1976-1982) |
Nesta exposición, debuxos, óleos e esculturas representan os seus temas más habituáis: os interiores, a figura humana, as paisaxes e as grandes vías de Madrid. A maioría da xente considérao un pintor hiperrealista.
|
Casa de Antonio López Torres (pintado no período 1972-75)
O seu tío, o tamén pintor Antonio López Torres, foi quen o animou a que se dedicase á pintura.
|
|
María (1972) |
Está casado coa tamén pintora María Moreno, e ten dúas fillas, María e Carmen, das que hai numerosos e bonitísimos retratos.
|
Día |
|
Noite |
Dúas esculturas de bronce, intituladas Día e Noite, colocáronse na Estación de Atocha no ano 2008.
Agora Día e Noite pódense catar en dúas prazas de Lleida, na praza Sant Joan e na da Paeria, en canto está aberta a exposición, que vai rematar o 31 de decembro. Todas as obras que están postas neste blogue pódense ver tamén na exposición.
|
Antonio López na Fundació Sorigué ,co busto Mujer de Coslada (feito en 2010) |
Ningún comentario:
Publicar un comentario