Decidímolo celebrar, por se fose o caso...
A Montse, o Pepe e mais eu achegámonos ao clube de jazz JAMBOREE para escoitarmos o grupo La vella Dixieland & Marian Barahona (o Pepe e un gran coñecedor do jazz e foi súa a idea). O grupo toca de marabilla e contaron coa compañía da Marian Barahonda, que ten unha voz perfecta para cantar clásicos de jazz (da Billie Holliday, do Miles Davis...) e cancións preciosas como You are my sunshine.
Saímos encantados e co ánimo disposto a morrer, se fose preciso.
![]() |
| Tartar de bonito e dourada, e berenxenas ao mel |
![]() |
| Lagostinos salteados |
![]() |
| Segredo |
![]() |
| Vaca vella con foie ao estilo Rossini |
![]() |
| Pastel de chocolate |
Terminamos a noite outra vez na praza Reial (que mudanza para ben está a facer esta praza; ten un punto romántico, unha categoría que antes non tiña). Fómoslle tomar algo alí ao Ocaña, un local enorme e moderno cunha restauración coidadísima que lle dá un toque moi chique. De certo, xa é un referente da noite de Barna. (O nome do chilote fai honra ao pintor transgresor José López Ocaña, que viviu 12 anos na casa do lado.) Ás dúas da mañá, cando saímos, había fila para entrar.Foi unha noite de nivel!






Ningún comentario:
Publicar un comentario