Fondo do almario
Zulema Sánchez, cunha aparente e despreocupada sinxeleza, trata aspectos cotiáns da vida. Xanelas, balcóns coa súa roupa estendida onde contrasta a dozura da súa obra coa rudeza dos materiais empregados (madeiras DM, armarios, resinas industriais...).
Anamusma |
Anamusma –que ten no seu haber diversos proxectos alternativos para a comercialización da obra de arte– mantén a condición de muller como fío argumental do seu traballo, onde se poden ver vestidos-cortiza ou obxectos cotiáns con tratamentos sorpendentes.
Cachito Álvarez |
Cachito Alvarez, a única ourensá, aposta pola reciclaxe e a moda como elementos de diálogo artístico, e enche os espazos con composicións nas que usa teas, cordas, fotografías, botóns ou obxectos domésticos.
No Centro tamén hai outra exposición: 15 Contos Breves e Extraordinarios, que é unha mostra do traballo conxunto de 15 persoas con diferentes (dis)capacidades e artistas contemporáneos galegos. Para alén de mostrar as 15 obras , tamén se pode ver a experiencia vivida a través das fotos. Creo que é a primeira experiencia ao redor da arte contemporánea e a discapacidade.
Parabens!!!! |
Un último apuntamento:
Estase a facer un ciclo de cinema en galego: "Nos vieiros da mente". Neste programa, inclúense un total de seis películas cuxa temática é a mente humana, facendo referencia a diversas patoloxías. Vanse proxectar na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Ferrol e Vigo. O acceso a estes ciclos é gratuíto até completar o aforamento.
O cartel é: "Wilbur quérese matar", "Leaving las Vegas", "Unha mente marabillosa", "As virxes suicidas", "O aviador" e "O club da loita", cada xoves até o 23 de abril.
Que alegría de poder contar todas estas cousas!
"Abril e maio son as chaves do ano" (do refraneiro galego).
Ningún comentario:
Publicar un comentario