Para alén de desfrutarmos dunhas cervexas no bar da aldea cuns petiscos de tortilla, e logo despois da excelente comida que nos tiñan preparada, desfrutamos tamén do seu xardín e da súa horta. Todo moi ben coidado e con moito xeito.
Mirade para aí que camelias!!! |
Continuamos ata Ourense para ir tomar uns viños no "Bar Orellas". Probamos unha ración nova, de friame de lacón con grelos, e ata votamos e todo nun papelciño que nos deron para valorar a nova ración.
Cada vez hai menos fé!!!
O bar estaba a rachar de xente desfrutando dos petiscos e das racións, a maioria de porco. E era Venres Santo!!!
Acabamos no café Bohemio con cafés e copas (sen alcol para os que tiñamos de conducir de volta).
O tempo pasou en pórmonos ao día das nosas vidas, e en falarmos de novos proxectos e xuntanzas. Un día típico dos toleirans!!!
Especialmente para o XulioArturoArmengolYamique (foto do Café Bohemio) |
Con este beixo, seguro que todos os toleiráns sorrides.
Diso se trata!!!
"En abril, céase con sol e déitase sen candil" (Refraneiro galego)
Ningún comentario:
Publicar un comentario