A sorpresa máis grata foi desfrutar das recolleitas, digo recolleitas porque había tantas cousas que recoller..., tanta abundancia, tanta riqueza, tantos cheiros. Froitos como uvas, mazás, peras, marmelos, milgrandas, amorodos, e logo despois as verduras, pementos, tomates, acelgas, verzas, nabizas, cabazos..., e logo despois as herbas recendentes, como a herba luísa, que está a secar, e cada vez que remexo nela a cociña cheira a gloria.
Foron sensacións moi bonitas e agradábeis.
Tamén é moi bonito deixar recollida a horta. É diferente polo cansazo, pero dá xenio velo despois, todo tan arranxado. Sacar as estacas e deixalas alá ben postiñas para o ano que vén, apañar todas as herbas que quedan do que estaba sementado, que son moitas..., en fin, cousiñas que fixeron darme de conta da marabilla do outono.
![]() |
Cabazos, para acomodar os porcos. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario