O venres 5 de outubro xuntámonos para cear, e coñecimos a encantadora Andrea, a moza do Duarte.
A Mila explicounos un dito do José, seu pai, que di coa copa na man:
"Por vosotras, hijas de María, por vosotras,
se me levanta,
se me levanta,
la conciencia al cielo,
pero que vos pensabades, feligresas"
Coido que dos toleiráns a Milagros é a que ten máis xeito para arremedar á xente, sempre nos fai rir. De modo que imitándoa, levantamos a copa tantas veces que algunha acabou así:
"Tanto dá a auga na pedra que a pedra creba"* "Tantas veces vai a xerra á fonte que dunha vez rompe"* |
Pasámolo moi ben.
(* ) "Diccionario Cumio de Expresións e frases feitas"
Ningún comentario:
Publicar un comentario