Porta da entrada do Centro Cultural |
Do 6 de setembro ao 11 de novembro, no centro cultural da Deputación de Ourense, o escultor Ramón Conde* presenta unha serie de rostos con diferentes expresións. Alá estivemos o Artur/Xulio/Armengol/Yamique e mais eu, a desfrutar da exposición. Algunhas figuras aparecen asociadas a espellos cóncavos e convexos, que as distorsionan e que che obrigan a interpretar as figuras manipuladas a través deles. Hai tamén composicións en que unha figura está diante doutra e mesmo parecen que teñen algo en común, aínda que sexan opostas. A maioría das caras sonvos gordechas e grandes. Tamén os corpos dos seus debuxos o son. Son todos moi exuberantes.
Foivos ben agradábel coñecer un novo artista galego, e aproveito para presentalo ao grupo.
Así che é a vida, meu queridiño. Ás veces, teres unha cara difícil castígate de tal maneira que acabas por non ter obras de arte na casa...
"Trinta días ten novembro, con abril, xuño e setembro; vinte e oito leva un; e os outros trinta un"
Ningún comentario:
Publicar un comentario