Temos de ser aínda máis felices que neste ano 2012!
Ben, unha anotación sobre o Restaurante Cera 23, o nome fai referencia a súa localización, nesa rúa do Raval.
Lacón caramelizado |
Este venres pasado fomos cear os toleiráns que quedamos por Barna. Estivemos a falar de proxectos e novas viaxes. Estas conversas encántannos.
Bonito con sésamo e puré de batata |
O sitio é novo de hai pouco. Lévano tres rapaces, dous deles galegos (quedaron abraiados cando nos ouviron falar en galego vivindo en Barna).
Os pratos: lacón cocido caramelizado (cortado moi fino como se fose xamón e respetando o mollo con pimentón doce e con piñóns: diferente pero bo, bo!), volcán de arroz negro con mollo de camembert, solombo de vitela, e cadrados de bonito en sésamo con puré de batata. Todo regado cun Mencía do Bierzo. De sobremesa, unha crema de mango moi fina e saborosa.
Cionvidáronos a chupito de augardente.
Estivemos moi ben atendidos. O sitio, cheo, e cando acaban as ceas convértese en pub musical, aberto ata as tres da mañá, de modo que alí quedamos a tomar a copa.
A Montse probou un mojito de mora, invento da casa que lle soubo.
Os cervos dan voltas ao redor porcausa do calor da vela. Desfrutamos como meniños! |
Benvido, 2013!